ALIMENTARIA DE BARCELONA

[2009-11-27]

abrir en pdf para imprimir


Imaxe da nova.

As súas Altezas os Príncipes de Asturias inauguraron a décimo sétima edición de Alimentaria o día 10 de Marzo, xuntamente con outras autoridades; visitaron o noso posto a Conselleira de Pesca, Dna. Carmen Gallego Calvar, e o Dtor. de Estruturas e Mercados, D. Xosé Manuel López, situandose no Recinto Feiral Gran Vía, 2 os seguintes salóns: Pavillón Internacional, Pavillón das Autonomías, Intervín, Interlact, Alimentación Ecolóxica, Vegefornit, Olivaria, Expobebidas, Exponcosen, Interpesca, Congelexpo, Mundidulce e Multiproduto. Agade aproveitou o marco da Alimentaria 2008 para presentar algúns dos seus produtos como é o Mexillón e a Ameixa, cociñandoos sen que perdan o seu sabor a mar. Así, o cociñeiro D. Antonio Botana coceuos a unha temperatura moi baixa de xeito que a esencia perdure; e por outra banda, a celebración do sorteo dunha estancia de dous días nunha casa rural en Galicia, recollendo a rifa da urna o Dtor. de Estruturas e Mercados, recaendo o mesmo na Empresa: Fernández Mariño, S.L, número de boleto 2973. Tamén, un dos claros protagonistas que dan fe da inexsorable diversidade dos moluscos, foron as exquisitas conservas Areoso, do noso asociado a Empresa Vengarco, S.L (Ventura García Cores). As últimas propostas da distribución, que denomináronas a "Tenda do Futuro ", son as seguintes: 1º.- Unha balanza eléctronica deseñada cunha pantalla táctil que proporciona maior eficacia para o vendedor e ofrece unha gran cantidade de información ao cliente. 2º.- O carro intelixente: é capaz de ler o código de barras dos produtos depositados nel. 3º.- A tecnoloxía de Chekpoint, sobre perdas descoñecidas - diferenza entre os stocks teóricos e os stocks reais dun establecemento - é hoxe un dos grandes problemas da distribución. 4º.- Mercabarna cunha extravagante gama de produtos exóticos. Así pois, como Asociación, o que se pretendeu, neste caso coa Consellería de Pesca, é a dinamización das nosas empresas co obxectivo de desenvolver a comercialización nunha das Feiras má s importantes do Sector da Alimentación.

Información de Contacto

Avenida da Mariña nº25 Ap.Correos:345 C.P:36600

Vilagarcía de Arousa ( Pontevedra)

Teléfono: (986) 50 65 61

info@depuradoresdemoluscos.es

Patrocinan: