CONVOCATORIA DE ASMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

[2009-11-27]

abrir en pdf para imprimir


Imaxe da nova.


Lugar da reunión: PARADOR NACIONAL DE CAMBADOS, EN Pº CALZADA, S/N DE CAMBADOS: SALON BAZAN. Día da reunión: 19 (Luns) maio 2008. Hora da reunión: 1ª convocatoria, ás 9:30; 2ª convocatoria, ás 10 da mañá. ORDE DO DIA: 1º.- Lectura da Acta anterior e a súa aprobación se procede. 2º.- Preparación de reunións con diversas empresas que ao final desta Asemblea estarán con nós, ao obxecto de buscar solucións para a satisfacción de necesidades comúns, así como procurar a colaboración e presenza máis intensa dos nosos produtos no sector da Restauración. 3.- Situación da talla da Ameixa Japónica procedente de Francia: Con data 15 de Abril do presente ano remítese escrito á Dirección Xeral de Marisqueo, D. Antonio García Elorriaga, facendo referencia ao Regulamento do Consello (CEE), do 16 de Xaneiro 2008, no que se establece a talla mínima da Ameixa Japónica (Rudipaps philippinarum) en 35 mm; solicitandose aclaración sobre se teriamos problemas con Inspeccións Pesqueira por ter este molusco con igual ou superior talla á indicada procedente da Costa Francesa. Rogos e Preguntas. A CONTINUACION: A) ESTRUTURA DAS TARIFAS ELECTRICAS. Con nós estarán presentes varias persoas de Unión FENOSA, durante 20 minutos aproximadamente, parafalarnos das últimas modificacións lexislativas do Real Decreto 871/2007 do 29 de Xuño, na súa Disposición Adicional 4º, sobre as tarifas xerais de Alta Tensión, así como a Tarifa Horaria de Potencia a partir do 1 de Xullo de 2008, así: - Tarifas de Subministración - Tarifas de Acceso - ETC B) TRANSPORTE A Xunta Directiva da Asociación, entende que cómpre promover a competencia no mercado do Transporte, coa posibilidade de que teñamos a oportunidade de seleccionar entre os provedores competitivos que poídannos facilitar este servizo; para iso, estará con nós varios representantes do Grupo de Transportes TAMEGA, S.L, a fin de poder cocnocerloes y`puedan saber das nosas necesidades. C) ACORDO DE COLABORACION ENTRE A ASOCIACION E O GRUPO DE RESTAURADORES NOVE (GRUPO GASTRONÓMICO DE GALICIA) que se realizará co seguinte programa: - Conxugar futuras relacións comerciais entre compoñentes do Grupo Nove e nós. - Degustación de Moluscos. - Visita a unha Depuradora cos representantes do Grupo Nove.

Información de Contacto

Avenida da Mariña nº25 Ap.Correos:345 C.P:36600

Vilagarcía de Arousa ( Pontevedra)

Teléfono: (986) 50 65 61

info@depuradoresdemoluscos.es

Patrocinan: